Ir ao contido

Imaxe de portada

Apeiría

Apeiría(1) é unha iniciativa da Xunta de Galicia que ten por obxectivo ofrecer ás empresas galegas a posibilidade de analizar e probar solucións empresariais de software libre como servizo na nube. Deste xeito poderán avaliar a súa utilidade e adecuación as súas necesidades.

  1. 🙋‍♂️ Conxunto de apeiros de labranza dunha casa. https://academia.gal/dicionario

A vantaxe do uso deste servizo para as empresas é que non precisan dispoñer dunha estrutura propia nin inverter tempo no proceso de instalación e configuración da ferramenta. Este servizo pon a disposición unha instancia xa configurada nun espazo seguro da infraestrutura na nube da Xunta de Galicia.

Aplicacións

As aplicacións dispoñíbeis actualmente lístanse a continuación. Todas as aplicacións dispoñíbeis son Software Libre e teñen a opción de ser aloxadas en servidores propios self hosted. No caso de quixer probar unha aplicación que non estea na lista pode facer unha suxestión para que se valore a súa incorporación.

  • Psono


    Xunto a Bitwarden e Passbolt, Psono é unha das mellores aplicacións para xestión de contrasinais e outros secretos. Psono dispón dunha aplicación móbil e unha extensión para o navegador que facilitan o traballo.

  • Nextcloud


    Nextcloud é unha plataforma de colaboración. A través das súas extensións permite compartir ficheiros, editar documentos, vídeo e chat, correo-e e calendarios ou outras coma xestión de proxectos.

  • FacturaScripts


    FacturaScripts é un software de contabilidade e facturación para xestionar o día a día da empresa.

  • Prestashop


    PrestaShop é unha aplicación para a construcción de e-commerce. Conta con máis de 5.000 plugins para satisfacer as necesidades de calquera plataforma de este tipo.

  • Rocket.Chat


    Rocket.Chat é unha plataforma de comunicacións. A súa funcionalidade principal é a de ferramenta de chat, pero as súas integracións con moitas otras aplicacións dotana de moita flexibilidade.

  • Taiga


    Taiga é unha ferramenta de xestión de proxectos centrada en metodoloxías Agile.

Solicitude de uso

Este servizo está xestionado pola Oficina de Software Libre (AMTEGA). Para solicitar unha instancia de proba de calquera das aplicacións dispoñíbeis é preciso cubrir o seguinte formulario e envialo por correo electrónico a: software.libre@xunta.gal

Descarga formulario de solicitude

Unha vez revisada a solicitude enviaránselle os datos de acceso e indicaráselle a duración do período de proba (habitualmente 30 días).